0 PR0PÓSIT0 SEMPRE N0 CENTR0
Para que as nenas e mulleres sexan libres para vivir a súa vida como seres con dereitos e non como obxectos ao servizo do patriarcado.
O meu obxectivo é tecer unha rede que se converta nunha forza de cambio profundo na forma de educar sobre a sexualidade, promovendo unha sociedade na que a Educación Sexual Integral forme parte dos valores de igualdade, respecto e xustiza social.
Quero ofrecerche unha formación integral e feminista en Educación Sexual, dotando ás mulleres profesionais da educación das ferramentas necesarias para ser líderes no seu entorno, rachar cos estereotipos de xénero e actuar como referentes de coeducación .
Queres proporcinarlle ao teu alumnado e aprendizaxes e coñecementos para que poidan vivir con liberdade en todos os aspectos da súa vida, especialmente naqueles ámbitos que inciden na súa sexualidade, cuestionando o papel das mulleres dentro do patriarcado para romper estereotipos de xénero e evitar sufrir violencia de xénero ou sexual e ser autónomas nas súas decisións sobre a súa vida.
A transformación educativa comeza coa disposición a aprender. Porque para ser unha axente de cambio, primeiro hai que atreverse a aprender, desaprender e reaprender. Estas aquí para algo máis que impartir coñecementos!
Para converterte nunha axente de cambio, primeiro necesitas transformar as túas propias crenzas. Acompáñote neste camiño para que lideres cun impacto positivo as túas aulas e intervencións e deixes o teu legado educativo!
A transformación educativa comeza coa disposición a aprender. Porque para ser unha axente de cambio, primeiro hai que atreverse a aprender, desaprender e reaprender. Estas aquí para algo máis que impartir coñecementos!
Leva a Educación Sexual Integral á práctica cun impacto positivo
Fai da túa aula e intervencións un motor de cambio
Dá o paso e convértete na educadora, docente e formadora que transforma realidades
Eres unha docente, educadora ou formadora crítica e comprometida coa igualdade e a liberdade.